ALMOINA: O HEROE INFAME
Breogán Riveiro. Documental.

Cartel Almoina

Coa subvención de

Agadic

José Almoina Mateos naceu en Lugo, fillo dun importante médico local. Despois foi membro do PSOE, masón, deputado, represaliado e perseguido na guerra civil, exiliado, profesor na Universidade de Santo Domingo e secretario persoal do ditador Trujillo, o home polo que pasaban todos os documentos dun gobernante megalómano e homicida. Un traballo indigno, polo que foi expulsado do PSOE e polo que moitos exiliados o condenan ao ostracismo.

Gregorio Bustamante, un heroe que denuncia diante do mundo á ditadura trujillista e os seus manexos para exportar o terror a toda América Latina, cualifica a Almoina de “indigno gallego”. É de aquela Almoina un covarde acomodaticio, disposto a todo para que a súa familia viva ben despois do cárcere e o terror en España? É realmente un “indigno gallego”, como lle acusa Bustamante?

Almoina deféndese destas acusacións cun libro laudatorio titulado “Yo fui secretario de Trujillo”, onde pon ao tolo ditador polas nubes. Como di o heroico Bustamante, Almoina é un home indigno.

En canto pode, Almoina saca á familia da República Dominicana e fuxe el tamén. Dende o exterior inicia un dobre xogo de denuncias e de enganos, de cambios de domicilio e de prevención, porque sabe que o servizo segredo de Trujillo caeu por fin na conta: Bustamante é el. Almoina e Bustamante son a mesma persoa. Unha persoa condenada a morte.

Heroe ou covarde? É certo que coa obra laudatoria de Trujillo escrita por Almoina pagou a reimpresión do libro “Una satrapía en el Caribe”, de Bustamante. É certo que a súa familia corría perigo –non sería a primeira vez que Trujillo ordenaba masacrar a unha familia enteira-, pero… ¿realmente quen era Almoina? Un home abandonado por todos, agás pola súa propia familia. Un día antes de morrer renunciara a levar revólver. Tempo antes volvera a ser católico practicante. É asasinado por axentes trujillistas en México, cando volvía de misa. Nunha contradición máis da súa vida el, masón, volvera atoparse coa Igrexa.

FICHA TÉCNICA

Formato Producciones presenta un documental de Breogán Riveiro coa subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais e a participación de Televisión de Galicia.

Guión e dirección:
Breogán Riveiro

Produtor Executivo:
Andrés Barbé

Director de fotografía:
Moncho Rebón

Montaxe:
Juan Sánchez

Figuracion:
Miguel Conde
Paloma Sanchis

Produción México:
Meritxel del Pilar Chávez
“EnSerio TV”

Retoque dixital e workflow:
Suso Acuña

Locución:
R. y Vázquez
Irene Riveiro

Atrezo e arte:
Ramón R.Castro
Entremetidos

Produción e documentación:
R. y Vázquez

Meritorios de produción:
Vicky González de Pablo
Araceli Bellas

Sonorización e selección musical:
Juanjo Fernández
Music Library

Administración:
José María López-Pardo

Duración: 60 min.

TRAILER

GALERÍA DE FOTOS